Salto a contido
Os días de venda, o primeiro lote de entradas actívase ás 9:00 tanto na web como na billeteira de Castrelos. O segundo lote está dispoñible a partir das 16:00 polos mesmos canais. Se quedan entradas dispoñibles tras o peche da billeteira, poderán adquirirse na web a partir das 21:30, ata esgotar existencias.

CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA DE ENTRADAS E ACCESO AOS CONCERTOS DE CASTRELOS 2025

A compra da entrada implica a aceptación do condicións xerais de compra que se indican a continuación. Estas condicións so poderían cambiar no caso de que na data de celebración dalgún espectáculo as Autoridades aproben algún tipo de medida obrigatoria que faga necesario tomar algún tipo de medida que deba observarse para o acceso ao público ao recinto de Castrelos ou durante a celebración do espectáculo.

1.- Respecto á venda de entradas

Para acceder ao recinto deberán estar todos os usuarios provistos da correspondente entrada.

O Concello de Vigo non garante a autenticidade da entrada se non o foi adquirida na súa páxina web ou na billeteira física do recinto, únicos puntos de venda oficiais.

Antes de realizar a súa compra, teña en conta o seguinte:

•        A venda de entradas realizarase de forma física no Auditorio de Castrelos en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas ou ata esgotar as entradas que se poñan a venda na correspondente quenda.

•        A venda on line realizarase de forma simultánea á venda física en cada quenda, a través do acceso habilitado en https://hoxe.vigo.org/ e ata esgotar as entradas que se poñan a venda na correspondente quenda.

•        Se non se esgotasen as entradas destinadas á venda física, unha vez cerradas as billeteiras as 21:00 horas poranse á venda on line ata que se esgoten.

•        Durante o proceso de compra, solicítanse como imprescindibles só os datos do comprador/a. Para acreditar a súa identidade na venda física esixirase a presentación do DNI tanto do comprador como das persoas para as que adquira entradas.

•        O Concello non asume ningunha responsabilidade en caso de extravío ou roubo da entrada. O beneficiario da entrada ou a persoa en cuxo nome se atopa personalizada a entrada asume toda a responsabilidade en caso de que a súa entrada se envíe por duplicado, fotocopiado ou falsificado, perdendo todos os dereitos que lle concede poder acceder ao local nos supostos mencionados.

•        Non se permite a revenda da entrada. Estas son sempre un título nominativo, que concede o dereito de acceso ao recinto ao comprador ou a quen este designe no momento da súa adquisición.

•        As persoas con mobilidade reducida, caso de acudir á billeteira física non terán que facer cola. Deberán indicar esta circunstancia ao persoal da organización e acreditala coa presentación do correspondente certificado. As súas entradas poderán ser adquiridas por terceiro, que tampouco terá que facer cola sempre e cando presente o certificado e o DNI da persoa para a que adquire a entrada.

•        Cada persoa so poderá adquirir catro entradas salvo que se trate dunha unidade familiar máis numerosa e o acredite mediante a presentación do libro de familia ou que a persoa adquira unha entrada destinada a persoas con mobilidade reducida, caso no que so se poderán adquirir dúas entradas.

2.- En canto á admisión e acceso ao recinto

a. Condicións Xerais de Acceso

É obrigatorio acudir ao evento en posesión dunha entrada válida e portar o DNI ou documento identificativo equivalente, que poderá ser requirido en calquera momento.

b. Dereito de Admisión e Motivos de Denegación de Acceso

A Organización resérvase o dereito de admisión. Poderase denegar o acceso ou expulsar do recinto a calquera persoa que:

•      Amose unha actitude violenta, molesta ou incite publicamente ao odio, á violencia ou á discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, discapacidade, orientación sexual, identidade de xénero ou calquera outra condición ou circunstancia social e/ou persoal.

•      Se comporte de forma agresiva, provoque altercados ou perturbacións no interior ou exterior do recinto.

•      Acceda portando armas ou obxectos susceptibles de seren utilizados como tales, ou leve roupa, obxectos e/ou símbolos que inciten á violencia ou representen apoloxía de actividades contrarias aos dereitos fundamentais recoñecidos na lei e na Constitución.

•      Presente síntomas de embriaguez, intoxicación ou se detecte que consumiu drogas ou substancias estupefacientes.

•      Incumpra as condicións previstas para o acceso xeral ou específicas para menores.

O exercicio do dereito de admisión non suporá, en ningún caso, a denegación de acceso por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, discapacidade, orientación sexual, identidade de xénero ou calquera outra circunstancia ou condición persoal ou social.

c. Seguridade e Control

Para garantir a seguridade das persoas asistentes, o persoal de seguridade privada poderá realizar controis de identidade e rexistro de obxectos persoais tanto no acceso como no interior do recinto, conforme á Lei 5/2014, do 4 de abril, de Seguridade Privada.

A Organización poderá denegar o acceso ou expulsar a quen non cumpra estas normas ou desatenda as instrucións do persoal, así como a quen poida supor un risco para si mesmo ou para outras persoas asistentes. O usuario asumirá a responsabilidade polos danos que cause a terceiros ou a bens, polas súas propias accións ou omisións.

d. Accesibilidade e Persoas con Mobilidade Reducida (PMR)

A Organización reserva un espazo específico e prioritario na zona de platea para persoas con mobilidade reducida. Esta ubicación garante un itinerario accesible e unha situación segura, xa que a presenza en zonas de público xeral —onde os asistentes permanecen de pé— podería supoñer un risco físico para as persoas usuarias de cadeira de rodas, ao quedar a menor altura e ser máis vulnerables a empurróns ou caídas.

Esta medida constitúe un axuste razoable e proporcional conforme á normativa de accesibilidade, e non debe interpretarse como unha limitación ou discriminación. A Organización comprométese a valorar caso por caso as necesidades de acceso e mobilidade, ampliando ou redistribuíndo espazos sempre que non se comprometa a seguridade do público en xeral.

e. Obxectos e Substancias Prohibidas

•      Non se permite o acceso con botellas, latas, envases de vidro ou calquera outro obxecto que poida considerarse perigoso.

•      Só se permite introducir auga en envases plásticos sen tapón de ata 50 cl.

•      Prohíbese o acceso con cámaras profesionais, gravadoras de vídeo ou audio, bastóns selfie ou dispositivos similares non autorizados.

•      Non está permitido introducir nin empregar punteiros láser, fogos artificiais, petardos, bengalas ou calquera elemento pirotécnico.

•      Prohíbese acceder ao recinto con pancartas, bandeiras ou símbolos de gran tamaño que dificulten a visibilidade doutros ou que conteñan mensaxes ofensivas ou contrarias ao orde público.

•      Non se permite o acceso con animais, agás cans de asistencia oficialmente acreditados.

•      Está prohibido fumar en zonas cubertas ou pechadas.

•      Queda terminantemente prohibido acceder ao escenario, bastidores ou zonas restrinxidas ao público, así como subirse a estruturas, valados ou elementos técnicos do recinto.

•      Non se permite realizar actividades de venda ambulante, publicidade ou promoción non autorizada pola Organización.

3.- Respecto ao acceso dos menores

O acceso ao recinto está permitido a menores de 18 anos nas mesmas condicións que un adulto, coa única excepción de que non se lles servirán bebidas alcohólicas, e sempre que vaian provistos dun DNI ou, en caso contrario, que vaian acompañados dun adulto.

4.- En canto ao cambio de titular das entradas

Unha vez comprada a entrada, só se cambiará o titular no caso de que o adquirinte non poida acudir por causas de forza maior debidamente xustificadas.

5.- En canto ao reembolso do prezo das entradas

O importe da entrada so se devolverá no caso de que o espectáculo sexa suspendido, excepto que a suspensión aconteza unha vez iniciado o espectáculo por causas de forza maior debidamente xustificadas.
Festas en Vigo, Venda de entradas. Web de venda de entradas de Festas en Vigo (Concello de Vigo). Páxina principal.

Buscar
Poñémoscho fácil...
  • info@theticketcompany.es
Sponsors Hijos de Rivera

Powered by Cliqueo ©

2025

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Contacto
  • Termos e condicións
  • Opcións de privacidade

Opcións de privacidade

Cookies necesarias

As cookies técnicas son estritamente necesarias para que a nosa páxina web funcione e poidas navegar por ela. Este tipo de cookies son as que, por exemplo, permítennos identificarte, darte acceso a determinadas partes restrinxidas da páxina se fose necesario, ou lembrar diferentes opcións ou servizos xa seleccionados por ti, coma as túas preferencias de privacidade. Por iso, están activadas por defecto, non sendo necesaria a túa autorización ao respecto. A través da configuración do teu navegador, podes bloquear ou alertar da presenza deste tipo de cookies, se ben dito bloqueo afectará ao correcto funcionamento das distintas funcionalidades da nosa páxina web.

Métricas

As cookies de análise permítennos estudar a navegación dos usuarios da nosa páxina web en xeral (por exemplo, qué seccións da páxina son as máis visitadas, qué servizos se usan máis e se funcionan correctamente, etc.). A partir da información estatística sobre a navegación na nosa páxina web, podemos mellorar tanto o propio funcionamento da páxina coma os distintos servizos que ofrece. Polo tanto, estas cookies non teñen unha finalidade publicitaria, senón que unicamente serven para que a nosa páxina web funcione mellor, adaptándose aos nosos usuarios en xeral. Activándoas contribuirás a dita mellora continua. Podes activar ou desactivar estas cookies marcando a casiña correspondente, estando desactivadas por defecto.
As cookies de análise permítennos estudar a navegación dos usuarios da nosa páxina web en xeral (por exemplo, qué seccións da páxina son as máis visitadas, qué servizos se usan máis e se funcionan correctamente, etc.). A partir da información estatística sobre a navegación na nosa páxina web, podemos mellorar tanto o propio funcionamento da páxina coma os distintos servizos que ofrece. Polo tanto, estas cookies non teñen unha finalidade publicitaria, senón que unicamente serven para que a nosa páxina web funcione mellor, adaptándose aos nosos usuarios en xeral. Activándoas contribuirás a dita mellora continua. Podes activar ou desactivar estas cookies marcando a casiña correspondente, estando desactivadas por defecto.